Publicador de contidos

Publicador de contidos

Milleiros de persoas enchóupanse na Festa da Auga de Vilagarcía

Milleiros de persoas enchóupanse na Festa da Auga de Vilagarcía

A Festa da Auga, declarada de Interese Turístico Nacional, comezou a celebrarse de xeito espontáneo en 1984

G24.gal 16/08/2025 18:57 Última actualización 16/08/2025 19:27

Despois dos vivas a San Roque, con este primeiro caldeiro comezou a Festa da Auga de Vilagarcía.
 

"É  a mellor festa do mundo, sen dúbida ningunha". "Hai moitísima xente", din dúas veciñas de Vilagarcía que participan na festa.

A Festa da Auga comezou hai 41 anos, cando trasladaban o San Roque á súa capela. Nun día de calor, os que levaban a imaxe do santo ao lombo comezaron a pedir auga

"Comezaron a pedirlles aos veciños que por favor lles botasen un pouco de auga, que ía moita calor. Debeulles parecer moi divertido e cada ano comezou a acompañalos máis xente e máis xente. Máis de 40 anos despois converteuse no que é a día de hoxe", explica a concelleira de Cultura e Festas de Vilagarcía, Sonia Outón.

Desde entón a Festa da Auga atrae cada 16 de agosto milleiros de persoas, a maioría de Vilagarcía, pero tamén moitas de fóra. 
 

"Gústame todo desta festa", di unha turista francesa. 

"Agora imos intentar mollarnos". "Aínda vou seco, estou esperando a ver se me mollan", comentan dous asistentes pouco despois de comezar a festa.

A San Roque fixérono bailar como un máis da festa, pero por ser o patrón de Vilagarcía foi o único que non saíu mollado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade