Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúan as restricións para o consumo da auga da billa en trece parroquias de Castro de Rei

Continúan as restricións para o consumo da auga da billa en trece parroquias de Castro de Rei

A presenza de arsénico na auga da traída de Quintela mantén a recomendación de non utilizala para cociñar

Os veciños teñen que recorrer a garrafas e botellas para aprovisionarse mentres o problema non se arranxe

G24.gal 10/08/2025 20:27

Os niveis altos de arsénico na auga da traída de Quintela, en Castro de Rei, fan que se manteña a recomendación de que non se utilice para o consumo humano.

Afecta a trece parroquias, unha delas é Castro de Ribeiras de Lea, onde están de festas. Nas casas e nos restaurantes teñen que aprovisionarse con garrafas de auga.

Na última análise o nivel de arsénico era dun microgramo por litro de auga por enriba do recomendado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade