Publicador de contidos

Publicador de contidos

Reparten auga potable no concello da Rúa, afectado polo lume

Reparten auga potable no concello da Rúa, afectado polo lume

Os veciños non deben nin beber nin cociñar coa auga da traída

Tamén teñen problemas coa calidade do aire polo incendio dun vertedoiro

A alcaldesa recoñece que a situación irá para tempo

Reparten botellas e garrafas de auga mineral
G24.gal 20/08/2025 13:55 Última actualización 20/08/2025 14:17

Na cantina da estación de tren da Rúa voluntarios reparten botellas e garrafas de auga mineral doadas por comercios e empresas. Tamén chega material a través da Cruz Vermella e a UME.

O Concello advirte de que os veciños non deben beber nin cociñar con auga da billa, e así habilitaron este punto de recollida. Unha voluntaria explica que reparten a auga en función do número de persoas que hai en cada casa, e un veciño que foi recoller di que non deben beber a auga da traída.

O Concello da Rúa informou de que non ten capacidade para potabilizar de xeito eficiente a auga da traída, atribuíndollo ao gran consumo de auga preciso para a extinción do incendio e pola cantidade de residuo depositada no aire.

A alcaldesa recoñece que esta situación irá para tempo. Di que lles pediron paciencia, que o incendio do vertedoiro afecta tamén o concello, e reitera que a auga da traída pode usarse para hixiene, pero non para consumo. Hai veciños que foron buscar auga con máscara.

Tamén reparten a domicilio, ás persoas que non poidan desprazarse. A maiores, o Consorcio de Augas de Valdeorras habilitou dúas fontes no concello do Barco, unha no polígono da Raña e outra na parroquia de Viloira, para abastecemento de toda a contorna. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade