Primeira vaga de calor do verán: Leiro chega a 41,6 graos e Ourense a 41,5
Para este domingo, Meteogalicia advirte de que a calor persistirá no sur de Lugo, Valdeorras, Miño de Pontevedra, Sur de Ourense e o Miño en Pontevedra
Recoméndase non saír nas horas centrais do día, buscar a sombra, beber moita auga e botar crema de protección
As altas temperaturas animan a moitos bañistas a refrescarse nos areais
España superou o seu récord de temperatura máxima no mes de xuño: 46 graos en Huelva
Galicia vive un sábado de altas temperaturas que dispararon os termómetros por encima dos 35 graos en moitos puntos da comunidade, especialmente na provincia de Ourense, onde se rexistraron as máximas da xornada.
O punto máis caloroso desta xornada, segundo os valores recolleitos por Meteogalicia, foi Leiro (Ourense), onde os termómetros ás 17.50 horas alcanzaron os 41.6 graos.
Foron varios os puntos da provincia ourensá nos que os termómetros se elevaron por encima dos 40 graos e na provincia de Lugo rozounos.
Así, a cidade de Ourense alcanzou, ás 18.20 horas, os 41.5 graos; en Arnoia, ás 17.00 horas, o mercurio ascendeu ata os 41.4 graos; e Ribas de Sil (Lugo) marcou os 39.4 graos.
Todo iso nunha xornada na que a Xunta mantén activo, desde este venres, o nivel 1 de alerta en diversos puntos de Galicia por altas temperaturas.
Os valores máis elevados rexistraranse entre este sábado e o luns cando a situación de calor será máis xeneralizada. Con todo, unicamente quedan fóra desta onda de calor puntos do norte da Coruña e de Lugo.
Xornada do domingo
Para este domingo a comunidade seguirá baixo influencia anticiclónica, pero espéranse néboas costeiras no litoral e bancos de néboa en zonas do interior, que se disiparán co avance do día.
Pola tarde, o ceo estará despexado en xeral e as temperaturas non sufrirán cambios significativos.
Neste contexto, Meteogalicia advirte de que a calor persistirá no sur de Lugo, Valdeorras, Miño de Pontevedra, Sur de Ourense e o Miño en Pontevedra.
É a primeira vaga de calor deste verán.
#Alertas112 🟠🌡️
— 112 Galicia (@112Galicia) June 28, 2025
Estes días soportaremos temperaturas altas, con nivel laranxa de alerta nalgúns puntos.
➡️ A @Xunta activou os protocolos de vaga de calor, que acada o nivel laranxa na zona de Miño (Ourense).
🔗 https://t.co/yydfkoiq46
Sigue as recomendacións sanitarias. pic.twitter.com/3pe6vwsT6S
Non saír nas horas centrais do día, si saes póñanse á sombra, beben moita auga, botar crema de protección, e sobre todo especial vixilancia para os nenos e maiores.
#Alertas112 🟠
— 112 Galicia (@112Galicia) June 28, 2025
A alerta 🟠 por temperaturas máximas afectará tamén a Lugo.
Nivel 🟡 en diferentes zonas de toda a comunidade.
👉 https://t.co/yydfkoiq46
🔻
🔻
🔻
La alerta 🟠 por temperaturas máximas afectará también a Lugo.
Nivel 🟡 en diferentes zonas de toda la comunidad. https://t.co/iCqDmyHV8A
Chegou o verán de cheo e esta alerta 1 por altas temperaturas durará previsiblemente ata o mércores.
Huelva chega a 46 graos, récord de temperatura en xuño en España
España superou o seu récord de temperatura máxima no mes de xuño despois de que se rexistraron 46ºC no municipio onubese del Granado, fronteirizo con Portugal, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet).
O dato, pendente de validación, supoñería a temperatura máis alta medida en España en xuño desde que hai rexistros, superando os 45,2ºC rexistrados en Sevilla en xuño de 1965.
A Axencia Estatal de Meteoroloxía alertou cun aviso especial por onda de calor este domingo tras a chegada dun amplo anticiclón de orixe africana o pasado venres e que provocará este domingo e o luns que as temperaturas máximas cheguen a superar os 42 graos no nordeste, centro e sur peninsular.
En concreto, as zonas que se verán máis afectadas son o val do Guadalquivir, do Guadiana, o Baixo Ebro e localmente no Taxo con avisos laranxa por altas temperaturas. En concreto, veranse os 42ºC en Zaragoza, Sevilla, Lleida, Ciudad Real, Córdoba ou Badaxoz, mentres que outras cidades como Madrid, Toledo, Murcia, Zamora, Xaén ou Cáceres terán valores iguais ou similares ou os 40ºC.
Do mesmo xeito, a Aemet alerta que as mínimas serán próximas aos 25ºC nas zonas afectadas e prolongaranse ata altas horas da noite.