Publicador de contidos

Publicador de contidos

O G7 anuncia un pacto para eximir as multinacionais dos EUA do imposto mínimo do 15 %

O G7 anuncia un pacto para eximir as multinacionais dos EUA do imposto mínimo do 15 %

A cambio, o secretario do Tesouro estadounidense, Scott Bessent,  pediu ao Congreso eliminar a chamada cláusula 889, que incluía impostos en represalia

En 2021, 136 países acordaron establecer un imposto de multinacionais mínimo do 15% e o compromiso de repartir parte dos beneficios nos países onde se xeren

Cumio do G7 no Canadá, o 16 de xuño pasado. Foto: DPA vía Europa Press Cumio do G7 no Canadá, o 16 de xuño pasado. Foto: DPA vía Europa Press
G24.gal 28/06/2025 22:34

O G7, o grupo das sete principais economías do mundo, anunciou este sábado o alcance dun acordo para eximir as grandes multinacionais dos Estados Unidos do pago do imposto mínimo do 15% pactado na OCDE.

O pacto fora avanzado esta semana polo secretario do Tesouro estadounidense, Scott Bessent, que celebrou entón que se defenderon os intereses do seu país e a cambio pediu ao Congreso eliminar a chamada cláusula 889, que incluía impostos en represalia.

En 2021, 136 países e xurisdicións alcanzaron un acordo que no seu momento se cualificou de histórico e que estableceu un imposto de multinacionais mínimo do 15% e o compromiso de repartir parte dos beneficios nos países onde se xeren.

Estivo promovido pola Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE) e o G20, e composto por dous piares. O piar 2 é o que busca que as grandes multinacionais paguen polo menos un 15% de impostos corporativos. O piar 1 refírese á reatribución de dereitos fiscais.

Ese Acordo Fiscal Global foi negociado durante o Goberno do demócrata Joe Biden (2021-2025) para evitar a competencia entre xurisdicións por establecer os impostos corporativos máis baixos e frear a evasión fiscal de grandes multinacionais.

Aínda que nada máis chegar á Casa Branca, o 20 de xaneiro, Donald Trump asinou dúas ordes executivas que supoñían a saída dos EE.UU. do devandito pacto, os países europeos podían seguir aplicando o imposto ás empresas estadounidenses radicadas nos seus territorios.

Para os integrantes do G7, a modificación introducida proporcionará "maior estabilidade e certeza ao sistema tributario internacional no futuro".

"O establecemento dun sistema xustaposto facilitará un maior progreso encamiñado a estabilizar o sistema tributario internacional, incluíndo un diálogo construtivo sobre a tributación da economía dixital e a preservación da soberanía fiscal de todos os países", dixo a nota difundida polo Canadá, que ocupa a presidencia rotatoria do grupo.

O G7 expresou a súa vontade de apoiar esta postura nas negociacións co G20 e coa OCDE, así como o seu desexo de "alcanzar rapidamente unha solución aceptable e aplicable para todos".

Cando Bessent avanzou a noticia, advertiu que a Administración de Trump "permanece atenta ante calquera imposto estranxeiro discriminatorio ou extraterritorial aplicado contra os estadounidenses" e que defenderá a súa "soberanía fiscal". 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade