Publicador de contidos

Publicador de contidos

O PSdeG e o BNG alcanzan un acordo de Goberno en Viana do Bolo

O PSdeG e o BNG alcanzan un acordo de Goberno en Viana do Bolo

O socialista Germán García-Ávila asumirá o bastón de mando ata o 18 de agosto de 2026, cando o recollerá o BNG

Acordo entre PSdeG e BNG para presentar unha moción de censura en Viana do Bolo Acordo entre PSdeG e BNG para presentar unha moción de censura en Viana do Bolo
G24.gal 22/08/2025 12:46 Última actualización 22/08/2025 13:04

O PSdeG e o Bloque Nacionalista Galego rubricaron un acordo de goberno no Concello de Viana do Bolo, que abarca o período 2025-2027, co obxectivo de "garantir a estabilidade política e impulsar unha xestión municipal responsable e transparente".

O acordo, asinado polos representantes de ámbalas formacións e os seus responsables a nivel local, establece un marco de cooperación institucional baseado na "corresponsabilidade efectiva, solidaria e leal" de ambas forzas na acción de goberno municipal.

A proposta de goberno contempla unha alcaldía rotatoria que se desenvolverá en dúas fases. Nun primeiro período, o candidato do PSdeG-PSOE, Germán García-Ávila Arias, ocupará a alcaldía ata o 18 de agosto de 2026, momento no que asumirá o cargo un representante do BNG ata o final da lexislatura.

Para garantir a participación equilibrada de ambas formacións na xestión municipal, crearase unha xunta de goberno local integrada por dous membros de cada grupo político, cuxos representantes serán elixidos pola respectiva organización.

O acordo establece un marco de colaboración que busca superar a situación de bloqueo e parálise que atravesa o municipio

Cada forza política terá un poder de decisión dun 50 % nos ditos fondos, garantindo a participación equitativa na toma de decisións sobre os recursos municipais dispoñibles.

O pacto xurde como resposta á necesidade de abordar os problemas estruturais que enfronta Viana do Bolo, entre os que se atopan a crise demográfica, o envellecemento poboacional, a modernización dos servizos públicos e a necesidade de impulsar políticas de revitalización territorial.

Ambas as formacións coinciden en sinalar que a situación actual do concello require unha acción de goberno "coordinada e eficaz", deixando de lado os "intereses políticos particulares para priorizar o benestar da veciñanza e o futuro do municipio".

Os asinantes do acordo subliñaron que esta entente responde "á vontade das veciñas e veciños e á necesidade de propiciar a estabilidade política" no municipio, destacando que o obxectivo é "conformar un goberno que responda ás demandas das veciñas e veciños de Viana".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade