Publicador de contidos

Publicador de contidos

O BNG denunciará o portavoz do PSdeG de Muxía polas "reiteradas actuacións machistas" contra a súa voceira

O BNG denunciará o portavoz do PSdeG de Muxía polas "reiteradas actuacións machistas" contra a súa voceira

A secretaria de Organización nacionalista e a propia portavoz municipal, Mercé Barrientos, denunciaron que o voceiro socialista e alcalde ata hai un ano, Santiago Toba traspasou "todas as liñas vermellas" co seu comportamento 

A portavoz do BNG en Muxía Mercé Barrientos (terceira pola esquerda). EFE/BNG.
G24.gal 29/07/2026 16:04 Última actualización 29/07/2026 16:30

O BNG anunciou este mércores que interpoñerá unha demanda xudicial, cuxos termos está a concretar, contra o portavoz do PSdeG en Muxía, Santiago Toba, por reiteradas actuacións e manifestacións machistas cara á portavoz municipal nacionalista nesa localidade, Mercé Barrientos.

Así o anunciaron en conferencia de prensa a secretaria de Organización do BNG, Lucía López, e a propia portavoz municipal do BNG en Muxía, Mercé Barrientos. Ambas as denunciaron que o agora portavoz municipal socialista, que ata hai un ano era alcalde da localidade, traspasou "todas as liñas vermellas" co seu comportamento reiterado ao longo do tempo de "insultos, descualificacións e humillacións".

Barrientos asegurou que a comparecencia de prensa é "unha chamada de auxilio e de atención" para denunciar as "agresións" de carácter machista de Toba, que lonxe de cesar continuaron e incrementáronse co tempo, dixo.

A concelleira destacou a súa militancia feminista e a súa condición de docente para censurar estas condutas "inaceptables" en calquera ámbito da vida, pero máis en política e sobre todo por parte de integrantes de organizacións que se din "progresistas e feministas".

"Fágoo por min e por todas as mulleres", afirmou Barrientos, que asegurou que este tipo de ataques non van conseguir que as mulleres sexan expulsadas da vida pública.

Segundo relatou Barrientos, intentaron ter interlocución con representantes do PSdeG para denunciar o que estaba a suceder co entón alcalde e agora portavoz municipal socilaista en Muxía sen que as cousas mellorasen.

A secretaria de Organización nacionalista mostrou todo o apoio do BNG á súa concelleira en Muxía e asegurou que o comportamento de Toba é "absolutamente incompatible co exercicio responsable dun cargo público". López pediu ao PSdeG que tome nota da denuncia pública e das accións xudiciais que vai interpoñer o BNG porque o silencio, advertiu, convérteos "en cómplices e en parte do problema".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade