Publicador de contidos

Publicador de contidos

Imputado o exdirector da Garda Civil Leonardo Marcos no caso Leire Díez

Imputado o exdirector da Garda Civil Leonardo Marcos no caso Leire Díez

O xuíz da Audiencia Nacional cítao para o 10 de setembro

Na mesma causa está imputada a actual directora, Mercedes González, e o seu número dous, o DAO, Manuel Llamas

Marcos dirixiu o instituto armado entre xuño de 2023 e setembro de 2024. Europa Press. Marcos dirixiu o instituto armado entre xuño de 2023 e setembro de 2024. Europa Press.
G24.gal 29/07/2026 15:09

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz citou como imputado o 10 de setembro ao exdirector da Garda Civil Leonardo Marcos na causa na que investiga a unha presunta trama que supostamente buscaba desestabilizar procedementos xudiciais que afectaban ao PSOE e ao Goberno.

Pedraz atende así unha das recentes peticións que lle formulou a acusación popular que coordina o PP, que solicitou imputar ao antecesor da actual directora, Mercedes González, tamén investigada, argumentando que os feitos investigados "responden a unha actuación coordinada pola cúpula da Garda Civil".

No seu escrito, o PP expoñía que o ex-xefe da UCO Rafael Yuste tamén denunciou "presións" procedentes do exdirector do corpo para que a unidade "se puxese de perfil" na investigación que unha xuíza de Badaxoz dirixiu contra o irmán do presidente do Goberno.

O xuíz Pedraz programou a declaración de Marcos xa despois do verán, tras un intenso xullo de interrogatorios a imputados e testemuñas. Será o 10 de setembro, un día despois de que acudan á Audiencia Nacional a xerente do PSOE, Ana María Fuentes, e o avogado Ismael Oliver, ambos tamén en calidade de investigados.

Con esta decisión, semanas despois de imputar á actual directora, Mercedes González, e ao seu número dous, o director adxunto operativo (DAO), Manuel Llamas, o xuíz outorga tamén a condición de investigado a Leonardo Marcos, que dirixiu o instituto armado entre xuño de 2023 e setembro de 2024, cando renunciou por cuestións privadas.

Alén deles, nesta causa están investigados a exmilitante socialista Leire Díez ou os exdixigentes Santos Cerdán e Gaspar Zarrías, entre outros

Por outra banda, o xuíz Pedraz citou como testemuña, na mesma xornada, ao fiscal xefe de Badaxoz, José Luis Alonso Tejuca, despois de que a acusación popular unificada pedise profundar en "as circunstancias relativas á tramitación e arquivo" dunha denuncia formulada contra Leire Díez e "as comunicacións mantidas entre membros da Fiscalía Xeral do Estado e a Fiscalía Provincial de Badaxoz".

A acusación pediu ao maxistrado que dese este paso despois de que o exnúmero dous da Fiscalía Xeral do Estado Diego Villafañe sostivese, na súa declaración como testemuña, que se remitira un informe ao fiscal xefe de Badaxoz sobre esta denuncia, aínda que tamén negou que ordenase arquivala e sostivo que non se arquivou, senón que se remitiu a Madrid.

O xuíz pretende agora dilucidar que ocorreu coa denuncia contra Leire Díez e por iso pide ademais copia completa e íntegra do expediente, a denuncia orixinal e toda a documentación que a acompañada, incluídos informes, borradores e anotacións internas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade