Publicador de contidos

Publicador de contidos

71 xefes de Estado e 45 de Goberno participan na Asemblea Xeral de ONU

71 xefes de Estado e 45 de Goberno participan na Asemblea Xeral de ONU

O conflito en Oriente Medio, a guerra de Ucraína e o temor ante o desenvolvemento da intelixencia artificial marcarán esta 81 edición

Hai programadas 1.553 reunións bilaterais e encontros moi agardados, como o de Donald Trump e Delcy Rodríguez, case un ano despois do arresto do deposto presidente venezolano, Nicolás Maduro

Sánchez defenderá a xestión da crise de Ceuta e a súa política migratoria na ONU

Arquivo Arquivo
G24.gal 22/09/2026 07:21

Arrinca a Asemblea Xeral da ONU, que se celebra entre este martes e o vindeiro luns, 28 de setembro, en Nova York. Na cita participan 71 xefes de Estado, 45 xefes de Goberno e 11 vicepresidentes e está previsto que interveñan cincuenta ministros e un príncipe herdeiro. 

Os primeiros líderes en facelo serán o presidente do Brasil, Luiz Inácio Lula da Silva; o dos Estados Unidos, Donald Trump; o rei Abdalá II de Xordania e o presidente de Turquía, Recep Tayyip Erdogan.

Tamén acudirán á cita o primeiro ministro de Israel, Benjamin Netanyahu; o presidente de Ucraína, Volódimir Zelenski; o presidente de Irán, Masud Pezeshkian; e a presidenta interina de Venezuela, Delcy Rodríguez.

O presidente da Autoridade Palestina, Mahmud Abás, terá que intervir por videoconferencia, despois de que o Goberno de Trump lle denegara o visado para entrar no país.

Hai programadas 1.553 reunións bilaterais entre os representantes das delegación, alén das que o secretario xeral, António Guterres, ten previsto manter coa maioría de líderes durante a semana. Será a última asemblea para Guterres como secretario xeral, desde que accedeu ao cargo en 2017.

No marco desta cita produciranse esperados encontros, como o do presidente norteaemericano, Donald Trump, e a súa homóloga venezolana, Delcy Rodríguez, que se produce case un ano despois do arresto do deposto presidente Maduro, arrestado dede xaneiro pasado nun centro de detención en Nova York.

O conflito en Oriente Medio, a guerra de Ucraína e o temor ante o desenvolvemento da intelixencia artificial serán algúns dos principais temas que marquen esta 81 sesión da Asemblea Xeral da ONU. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade