Cargando resultados...
O primeiro domingo de rebaixas de verán está a competir cos que prefiren o mar polo calor
Este domingo son moitos os que aproveitan este día de descanso para ir de compras

G24.gal
29/06/2025 14:18
Son moitos os que aproveitan este día de descanso para ir de compras. Estamos ante o primeiro domingo de rebaixas do verán.
As rebaixas de verán tiveron que competir este primeiro domingo aberto ao público coa calor, a xente que foi comprar artigos con descontos fíxoo sen as aglomeracións doutros anos.
As rebaixas din xa non son tantas rebaixas e moitos establecementos levan varios días con descontos. Moitos aproveitan que non traballan para comprar roupa de verán que aseguran fai falta para estes días.
Se non atoparon aínda a súa peza favorita e ao prezo axeitado aínda teñen tempo porque as rebaixas rematan en setembro.