Publicador de contidos

Publicador de contidos

O mellor xuño en ocupación hoteleira nas Rías Baixas e previsións do 100% para xullo e agosto

O mellor xuño en ocupación hoteleira nas Rías Baixas e previsións do 100% para xullo e agosto

En 2024 visitaron o litoral do sur de Galicia preto dun millón trescentas mil persoas

Esta tempada 2025 comezou co aumento do 5% deste xuño, respecto a xuño do ano pasado

G24.gal 28/06/2025 14:51

O sector turístico das Rías Baixas prognostica outro verán de cheo absoluto. En 2024 visitaron o litoral do sur de Galicia preto dun millón trescentas mil persoas e na tempada alta deste 2025 agardan superar esa cifra, xa histórica.

Esa avalancha de case 1.300.000 visitantes entre xuño e setembro do ano pasado é de turistas que se aloxaron en pisos e hoteis sen contar os albergues, e a cifra é do INE, do instituto Nacional de Estatística. Esta tempada 2025 comezou co aumento do 5% deste xuño que xa remata, con respecto a xuño do ano pasado, tanto en hoteis de dúas e tres estrelas como os de catro.

A poucos días de que de comece a primeira quincena de xullo, Sanxenxo, a vila que sextuplica a súa poboación no verán, xa roza o 90% da ocupación hoteleira. Cóntannos desde o sector que as reservas se fan cada vez con máis antelación e que cada vez hai máis turistas estranxeiros procedentes non só de Portugal senón de toda Europa.

A praia urbana de Sanxenxo, Silgar, amosaba unha imaxe propia da primeira quincena de xullo. Os hoteis sexan da categoría que sexan, coinciden en dous aspectos. Un, xuño está sendo, case podemos dicir que foi porque remata xa, o mellor xuño en canto á ocupación. E dous, os clientes comezaron a reservar en febreiro, unha anticipación maior que anos atrás.  

"Hoxe estamos case ao 100%, temos un par de cuartos libres. E coma sempre xullo a verdade é que moi ben, chegaremos ao noventa e pico por cento se segue o ritmo que levamos e agosto ata o día 15 senón é ao 100% arredor do 100%, máis do 90% seguro", conta a TVG Iria Martínez, a directora do hotel de dúas estrelas La Terraza.

"O mes de xuño foi absolutamente espectacular, aínda que houbo días algo máis frouxos, pero a xente xa desfrutou da praia  e conseguimos tamén, grazas á boa climatoloxía, que xa na segunda e terceira semana de xuño esteamos falando de tempada alta, tempada de verán. E resaltar o que foi a anticipación de reservas. Estamos moi por riba, tanto para o mes de xullo como para o mes de agosto, do que teriamos que estar segundo as reservas históricas para a praza. Temos expectativas moi boas e agardamos que sexa un verán de récord, outra vez", aclara Leonardo López, director do hotel Carlos I Silgar, de catro estrelas.

Nas Rías Baixas dos case un millón trescentos mil turistas da tempada alta de 2024 o 25% foron estranxeiros e o 75% españois, porcentaxe que, segundo as reservas xa pechadas, se vai repetir este verán.        

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade