Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gas pementa contra o furtivismo en Malpica

Gas pementa contra o furtivismo en Malpica

A confraría dispuxo uns días da autorización para usalo nas vixilancias 

Vixilantes da confraría de Malpica nos arredores preto do cabo San Hadrián e as illas Sisargas
G24.gal 18/06/2025 17:25 Última actualización 18/06/2025 17:57

Os vixilantes da confraría de Malpica fan controis regulares contra o furtivismo de percebe e ourizo nas illas Sisargas e na costa de Barizo. 
Para previr males maiores, nuns días van recibir a autorización da Garda Civil para poder usar sprays de gas pementa, só como autodefensa.

Fran Varela, secretario da confraría malpicá, explica que sempre os van usar traballadores da confraría, dados de alta na Seguridade Social con eles, que só o poden usar no horario laboral.

Vixían en barco, de dous en dous e a miúdo de noite. Nunca sufriron agresións pero si situacións complicadas. Varela cre que se é un grupo numeroso ou non, quedan case sen defensas. O gas non os vai salvar pero é unha defensa máis. Iso si, comenta, para usalo teñen que ter a seguridade de estar en risco.

Estes aerosois úsanos desde hai anos algunhas confrarías das Rías Baixas onde son frecuentes as ameazas e agresións. O gas causa irritación e inflamación ocular, diminución temporal da visión, dificultade para respirar e sensación de asfixia, entre outros efectos sempre pasaxeiros.

Por iso recalca Varela que só é unha medida preventiva. Prevención e axuda que, motivada, documentada e regrada, os vixilantes de Malpica han dispoñer cara ás tentacións que xera o maior consumo de marisco no verán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade