Publicador de contidos

Publicador de contidos

Comisados máis de 150 quilos de berberecho extraído por furtivos en Corrubedo

Comisados máis de 150 quilos de berberecho extraído por furtivos en Corrubedo

Os axentes comisaron todos os exemplares e devolvéronos ao medio natural, ao atoparse en boas condicións

Os furtivos foron identificados e propostos para sanción cunha acta de denuncia

UICON/Xunta de Galicia UICON/Xunta de Galicia
G24.gal 21/08/2026 13:27

Axentes ambientais da Unidade de Investigación de Conservación da Natureza (UICON), dependente da Consellería de Medio Ambiente, comisaron 154,7 quilogramos de berberecho extraído por furtivos no Complexo dunar de Corrubedo e lagoas de Carregal e Vixán (A Coruña).

A través dunha vixilancia continuada con visores nocturnos, dron e prismáticos, os axentes detectaron a presenza de catro furtivos extraendo berberecho, así como o lugar onde escondían estes moluscos capturados.

Os axentes comisaron todos os exemplares e devolvéronos ao medio natural ao atoparse en boas condicións.

Os furtivos identificados e propostos para sanción cunha acta de denuncia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade