Publicador de contidos

Publicador de contidos

Éxito na poxa nacional da Raza Rubia Galega de Adai, no Corgo

Éxito na poxa nacional da Raza Rubia Galega de Adai, no Corgo

As xatas preñadas poxáronse a partir dos 3.000 euros

G24.gal 21/06/2025 14:44 Última actualización 21/06/2025 15:00

Celebrouse este sábado en Adai, no concello do Corgo, a 103 edición da Poxa Nacional de Raza Rubia Galega e a 38 edición do Concurso da Raza Rubia Galega, un evento no que participaron 128 animais, ademais dos nove que trouxo a Granxa Gayoso en exposición.

Para os gandeiros é unha cita importante, xa que é unha ocasión para ver e poder optar a comprar uns animais que contan cunha beleza e unha xenética privilexiada.

Ademais, cada edición nótase unha maior presenza de gandeiros procedentes de fóra de Galicia interesados en levar exemplares desta raza para as súas explotacións.

Na poxa, o prezo de saída dos becerros estivo nos 3.200 euros, e o das xatas de recría situouse nos 2.300 euros, pero todas saíron a partir dos 3.000 euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade