Cargando resultados...
As comunidades rexeitan de maneira unánime a proposta da PAC de Bruxelas
O Goberno e as autonomías traballarán nunha estratexia común para defender ante a Comisión Europea
As conselleiras do Mar e de Medio Rural na reunión do Consello Consultiva de Pesca e Agricultura
G24.gal
15/09/2025 20:45
Última actualización 15/09/2025 20:51
As comunidades rexeitan de maneira unánime a proposta da nova PAC de Bruxelas, que o Goberno tamén considera insatisfactoria.
O ministro de Pesca e Agricultura reuniu os conselleiros autonómicos para deseñar unha estratexia conxunta de España.
A Xunta calcula que, se prospera a proposta de Bruxelas, os agricultores e gandeiros galegos perderían uns 80 millóns de euros. E lamenta que o Goberno non tivera en conta ata agora a postura das comunidades.