Publicador de contidos

Publicador de contidos

Máis de 200 cerqueiros galegos poderán pescar este ano 9.420 toneladas de sardiña

Máis de 200 cerqueiros galegos poderán pescar este ano 9.420 toneladas de sardiña

Este luns empeza a campaña nas zonas do Atlántico noroeste 

A cota é un 2,8% menos que a de 2025, malia que os mariñeiros din que abunda o peixe

Os cerqueiros demandan o aumento da cota e o reaxuste de porcentaxes con Portugal, que ten menos barcos

G24.gal 23/03/2026 10:59 Última actualización 23/03/2026 15:06

Hai optimismo no sector, pero haberá que agardar ata as últimas horas deste luns para ver como se da está primeira xornada da pesca da sardiña, unha campaña que ven marcada pola redución de cotas para Galicia. De entrada, unhas 150 embarcacións poderán capturar o longo da semana un tope máximo de 7.500 quilos e outras 94, o tope será de 5.000. O cupo ven marcado polo tamaño do barco, o número de mariñeiros a bordo e tamén polos aparellos que utilizan. Os topes veranse incrementados a partir do un de xuño cando poderán pescar ata 10.000 quilos semanais ou ata 7.500 en función do tipo de embarcación.  

As expectivas son boas; xa levamos uns meses vendo que hai moitísima sardiña no mar, di Xosé Antonio Pérez, Presidente da Federación de Confrarías de Galicia. Malia que o que ven no mar pinta ben, din que a nivel administrativo non é o mesmo, porque a cota de sardiña deste ano queda por baixo das 9.500 toneladas, un 2,8% menos ca o ano pasado. 

Os estudos científicos din que hai menos sardiña ou que hai menos cantidade de reprodutores; é o que marca a Comunidade Europea nos estudos científicos. Nos dicímoslle todo o contrario, que na nosa zona si que hai moitísima sardiña 

Demandan que se revisen esas valoracións científicas para atender a demanda das conserveiras, que quedaron sen sardiña polo peche das exportacións de Marrocos. E tamén insisten na modificación do reparto de cotas con respecto a Portugal. Nestes momentos eles teñen o 67% e nos temos o 33% cando a maioría da frota do cerco témola nós. Entón estase intentando chegar a un acuerdo para que se nos dea máis cota a nós, confirma o presidente da Federación de Confrarías de Galicia.

Agardan que todas esas liñas de negociación acaben dando froitos para asegurar a viabilidade da frota do cerco, moi afectada xa polos recortes no cupo da xarda. Entrementres, confían en que a abundancia que viron no mar lles axude a coller os topes axiña e que a partir de mañá os amantes das sardiñas do cerco xa poidan empezar a desfrutalas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade