Publicador de contidos

Publicador de contidos

Hortas ecolóxicas para ter a man alimentos de tempada e saudables

Hortas ecolóxicas para ter a man alimentos de tempada e saudables

No obradoiro ensinan a coidar a terra e a buscar un equilibrio cos cultivos

G24.gal 31/05/2025 21:17

Algúns asisten a este curso de iniciación á horta ecolóxica malia que xa cultivan a súa propia e tratan de facela sustentable. Pero este é o momento de resolver dúbidas. A profesora explica que o cultivo en ecolóxico require unha visión global: coñecer o ciclo das plantas e da natureza.

"A vexetación que hai ao redor, que vai atraer fauna auxiliar. Non podemos roturar a terra continuamente e matar a vida do solo. Fertilizar con materia orgánica de calidade. Basicamente, manter a flora e a fauna que hai ao redor, que é a que vai colaborar para manter as pragas a raia. É un traballo máis de observación e de coñecementos máis que o traballo físico.", explica Lucía Ferreira, labrega e formadora.

É o caso desta horta da parroquia de Oleiros, en Ribeira.  A súa dona empezou a cultivala porque desexaba comer os seus propios alimentos. Di que sempre hai traballo pero non é máis difícil que levar unha horta convencional.

"Necesitas dous ou tres anos ata que tes este equilibrio e logo é fácil. Sempre tes malas herbas e tes que coidar, pero é un traballo moi satisfactorio", di Johanna Dürr, dona da horta onde se leva a cabo o obradoiro.

O obradoiro está organizado polo colectivo Sachos á Rúa, de Ribeira, e por Amigas da Terra, interesadas en animar á xente a cultivar a terra e consumir alimentos saudables e de tempada.

"Facemos obradoiros, ensinamos a xente a traballar a terra. A ver se cada vez temos máis hortiñas, cada vez cultivamos máis. Tamén ensinamos a importancia de comer cousas de aquí, ir ao mercado, é un pouco parte do mesmo", explica sabela rubio, de Amigas da Terra.

Compartiron xantar e reforzaron con teoría o aprendido sobre compostaxe, fertilizantes e cultivos entre os bancais.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade