Publicador de contidos

Publicador de contidos

A UE aproba reducir o límite de rendemento por hectárea en viños con D. O. Ribeira Sacra

A UE aproba reducir o límite de rendemento por hectárea en viños con D. O. Ribeira Sacra

A modificación consiste en reducir a produción máxima por hectárea no relativo á uva tinta para pasar dos actuais 9.500 aos 7.500 quilos, segundo recolle o documento publicado este xoves no Diario Oficial da Unión Europea

Produciuse unha importante acumulación de existencias nas adegas de zonas produtoras, como a Ribeira Sacra, o cal motivou que nos últimos tempos algúns países da Unión Europea activasen medidas para reducir excedentes

G24.gal 29/05/2025 10:55

Bruxelas aprobou a redución do limite de rendemento por hectárea en uva tinta da Denominación de Orixe Protexida Ribeira Sacra nun contexto de crise na comercialización de viño e para mellorar a calidade da uva e facilitar a súa comercialización a prezos alcanzables.

A modificación consiste en reducir a produción máxima por hectárea no relativo á uva tinta, para pasar dos actuais 9.500 aos 7.500 quilos, segundo recolle o documento publicado este xoves no Diario Oficial da Unión Europea.

"Este cambio solicítase nun contexto de crise na comercialización de viños, con consumos en retroceso no ámbito internacional", detalla o texto, no que se precisa que esta conxuntura afecta especialmente os viños tintos producidos en rexións de fonda tradición, como España.

Produciuse unha importante acumulación de existencias nas adegas de zonas produtoras como a Ribeira Sacra, o cal motivou que nos últimos tempos algúns países da Unión Europea activasen medidas para reducir excedentes. O DOUE destacou que a redución do rendemento será unha medida que servirá para mellorar a calidade da uva cultivada e dos viños elaborados, unha medida que debe facilitar a súa comercialización e mellorar os prezos percibidos. Así mesmo, axudará a aproximar a oferta á demanda e, por tanto, é unha medida idónea para tratar de equilibrar o mercado, concluíu o documento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade