Publicador de contidos

Publicador de contidos

Volve ao mercado a zamburiña de Ferrol

Volve ao mercado a zamburiña de Ferrol

Empezou a campaña tras un ano de paro biolóxico alongado pola presenza da toxina

Cinco embarcacións saíron ao mar no primeiro día da campaña
G24.gal 14/07/2025 15:46

Volve ao mercado a zamburiña da ría de Ferrol. Despois dun ano de espera, quedou libre da toxina e algúns barcos volveron hoxe ao mar. Á beira dos estaleiros de Navantia-Ferrol medra da mellor zamburiña de Galicia, pero as confrarías levaban máis dun ano sen apañala: primeiro polas riadas e despois pola toxina. A campaña ía abrirse hai dous meses, pero impediuno a presenza da toxina PSP, froito dunhas algas microscópicas naturais, pero prexudiciais para as persoas.

Este luns, co banco xa aberto, foron ao mar cinco barcos de Ferrol, Barallobre e Mugardos. Desde terra, agardan con impaciencia a chegada da zamburiña. Hai moi pouca no mercado, así que os prezos tenden á alza.

"Hai máis demanda que produto. Se lle fas caso á demanda, poderiamos quitar toneladas que non temos. Revalorizouse máis dun 60 por cento. Hai catro ou cinco anos, ao mariñeiro pagábanlla a 6 euros. Hoxe pode ser que estea entre 21 e 25 euros. Para o consumidor, con IVE, impostos de lonxa, sairá a máis de 30", explica Jorge López, patrón maior de Barallobre.

A campaña non fixo máis que empezar. Nos próximos días, se hai zamburiña, iranse sumando máis barcos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade