Cargando resultados...
Volven o polbo, as nécoras ou os lumbrigantes
Comeza unha nova campaña logo de meses de paro biolóxico e veda
(Arquivo TVG)
G24.gal
01/07/2026 10:04
Este mércores arrincou unha nova campaña do polbo, logo de tres meses de paro biolóxico e dous de veda. O tope por barco e día será de 240 quilos ata o un de setembro. Logo subirá aos 380.
Así pois reanúdase a actividade coa esperanza de superar as boas cifras da pasada campaña, que remataba no mes de abril, con case 1.300 toneladas de cefalópado capturadas e case 15 millóns de euros de facturación.
Non vai ser a única especie que se vai poder capturar de novo. Tamén as nécoras, os camaróns ou os lumbrigantes.