Cargando resultados...
A Policía Local de Vigo inmobiliza un vehículo de Uber e abre varios expedientes sancionadores
Carecía da licenza necesaria para circular pola cidade
As multas poden chegar aos 6.000 euros

G24.gal
14/07/2025 16:46
A Policía Local de Vigo inmobilizou un vehículo de Uber e abriu varios expedientes sancionadores á compañía por circular polas rúas da cidade sen a licenza obrigatoria.
Segundo fontes municipais, polo menos un coche da empresa quedou inmobilizado e os expedientes abertos afectan a outros vehículos que seguiron operando malia que foron desestimadas as solicitudes de 24 licenzas urbanas para vehículos de alugueiro con condutor.
O Concello informou de que os titulares xa recibiron a notificación que lles impide prestar este servizo. As infraccións están tipificadas como "moi graves" e poden supoñer multas de ata 6.000 euros.