Publicador de contidos

Publicador de contidos

Uber estuda volver á Coruña e pregunta se podería facer servizos urbanos en Vigo

Uber estuda volver á Coruña e pregunta se podería facer servizos urbanos en Vigo

A Asociación Nacional do Taxi denuncia a suposta competencia desleal dos VTC

Os taxistas da Coruña aseguran que Cabify realiza traxectos prohibidos na cidade

G24.gal 13/05/2025 15:17

Uber intenta abrir camiño en Galicia. A plataforma de vehículos con condutor estuda volver operar na Coruña o mes que vén. Ademais, acaba de contactar co Concello de Vigo para saber se tería autorización para realizar servizos urbanos na cidade.

En Galicia, os VTC, vehículos de transporte con condutor, están regulados por unha normativa autonómica xeral que só lles permite facer traxectos interurbanos. Para operar dentro dun municipio necesitarían permiso dos concellos. Uber quere saber se Vigo tería disposición a cambiar a súa ordenanza. O alcalde non contesta directamente pero deixa clara a súa posición.

"Aquí hai taxis e funcionan marabillosamente ben. Eu non boto en falta nada porque cos taxis nos vai fantasticamente ben", contesta Abel Caballero.

En Galicia Uber, de momento, só presta servizo, interurbano en Santiago. Hai anos traballou na Coruña e agora estuda volver. Alí leva tempo prestando servizos Cabify pero os taxistas aseguran que fai traxectos urbanos.

"Vemos continuamente chegando VTC á estación de trens a deixar servizos recollidos, na maioría dos casos, na propia cidade", afirma Antonio Vázquez, o presidente de Radio Taxi A Coruña. "E as noites das fins de semana nas zonas de lecer vemos moitos casos de xente levantando a man parando un VTC", engade.

A competencia dos VTC foi un dos temas fundamentais na asemblea que celebrou en Vigo a Asociación Nacional do Taxi, a entidade que agrupa os colectivos maioritarios no sector en España. O argumento dos taxistas é que o seu é un servizo público, con prezos taxados.

"E esas plataformas non contemplan ningunha desas cousas", expón Emilio Mosquera, presidente dos taxistas de Vigo e da Unión de Taxis Galegos. "De feito, viuse no grande apagamento que eles cobraban o que querían e nós estivemos a traballar coa tarifa de todos os días".

Por suposto, pedímoslle a Uber a súa versión sobre os seus plans para Galicia pero a empresa non contestou.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade