Publicador de contidos

Publicador de contidos

Liberdade para os dous últimos detidos polo alixo de 3,6 toneladas de cocaína na Pobra

Liberdade para os dous últimos detidos polo alixo de 3,6 toneladas de cocaína na Pobra

A xuíza impón retirada do pasaporte e comparecencias semanais

A operación Saona suma xa 16 detidos, con 12 ingresos en prisión provisional

O alixo de cocaína na Pobra supera os 3.500 quilos, trasladados a Galicia nun narcosubmarino

G24.gal 20/11/2025 17:08

A xuíza de Muros acordou a liberdade dos dous últimos detidos polo alixo de 3,6 toneladas de cocaína incautada en setembro no municipio coruñés da Pobra.

A Fiscalía non solicitara prisión provisional. A xuíza ordenou a retirada do pasaporte e obrigou os investigados a comparecer cada semana no xulgado.

As dúas persoas investigadas afrontan cargos por delito contra a saúde pública, pertenza a organización criminal e branqueo de capitais.

A Policía Nacional detivo estes dous sospeitosos este martes no Barbanza na fase final da Operación Saona.

O operativo acumula 16 detidos. As autoridades enviaron 12 deles ao cárcere de forma provisional.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade