Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os taxistas da Coruña denuncian competencia desleal por parte das plataformas de VTC

Os taxistas da Coruña denuncian competencia desleal por parte das plataformas de VTC

Os vehículos con condutor de Uber volven circular polas rúas da Coruña

G24.gal 19/06/2025 20:49 Última actualización 19/06/2025 21:19

Os vehículos con condutor de Uber volven circular polas rúas da Coruña. Fano cunha frota de vinte coches que se veñen sumar aos seis da outra plataforma que opera na cidade, Cabify. A súa volta provocou malestar no sector do taxi.

Asegura o presidente a Federación do Taxi na Coruña, Ricardo Villamisar, que "a autorización autonómica que eles solicitan en base á lei do taxi é para facer servizos interurbanos e agora mesmo o que estamos observando é que están facendo tamén servizos urbanos e sen a precontratación de quince minutos á que lles obriga a norma".

Os servizos urbanos de transporte son competencia dos concellos. Ricardo, que tamén preside a Federación Galega do Taxi, sinala que os VTC está a sacar proveito da situación de provisionalidade da norma de mobilidade da Coruña.

"Eles ampáranse en que a ordenanza está agora en período de alegacións, pero iso é unha interpretación malintencionada e torticera", engade. 

Os taxistas reclaman que o Concello defina o modelo de servizo público de transporte quere para a cidade "ou se quere permitir estas plataformas sen una tarifa regulada e sen controis de ningún tipo". A Coruña conta na actualidade con 521 licenzas de taxi en activo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade