Publicador de contidos

Publicador de contidos

A plataforma de mobilidade Bolt desembarca na Coruña entre grande expectación

A plataforma de mobilidade Bolt desembarca na Coruña entre grande expectación

Os taxistas expresan o seu rexeitamento e mesmo falan de competencia desleal

G24.gal 25/09/2025 14:03

Coches de cor verde comezarán a verse axiña polas rúas da Coruña. Son da plataforma de mobilidade Bolt que chega á cidade herculina para dar servizo aos algo máis de 250.000 cidadáns e preto de medio millón da súa área metropolitana.

"Paréceme ben porque ás veces non hai taxis e tes que agardar media hora por un", comenta unha coruñesa.

Na rúa, moitos celebran tamén que Bolt aterra na cidade cunha frota cen por cento eléctrica.

Pero mentres uns aplauden esta nova alternativa de mobilidade, outros amósanse cautelosos ante a polémica que xorde co sector do taxi. 

Está previsto que o servizo de Bolt na Coruña combine taxis locais e Vehículos de Transporte con Condutor (VTC) dispoñibles a través da súa aplicación con reserva inmediata. E isto amola os taxistas que acolleron a chegada da plataforma con sorpresa.

"Sorpresa porque chegaron co anuncio de que había taxis que se ían incorporar á súa xestión e cremos que é inviable. Cando nos atopamos cun servizo paralelo que non ten ningunha limitación, nin de prezos nin de recollida. É unha competencia desleal", explica Ricardo Villamisar, presidente de Teletaxi.

Porén, polo momento, na Coruña, o funcionamento destas plataformas de mobilidade non está recollido na ordenanza municipal.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade