As primeiras nabizas da temporada xa están nos mercados
Na praza de abastos de Ourense os postos tínguense de verde e din que estes días xa notan un aumento da venda deste produto típico do outono
Primeiro chegan as nabizas e a partir de decembro, os grelos
Coa chegada do frío comeza tamén o tempo dun produto moi galego: chegan aos mercados as primeiras nabizas do ano. E primeiro chegan as nabizas e logo virán os grelos.
A xente comeza tamén a mercalas estes días.
"Agora estamos no tempo ideal para comelas".
"A xente ten que vir, que agora apetece xa comer o caldo galego", di Baye, o vendedor de Froitería Samuel .
"Si, a nabiza xa levamos días empezando a vendela. Cando vén o mal tempo a xente bótase á verdura", asegura Isolina Morais, da Horta da Lina.
Contan nos postos da praza de Abastos de Ourense que chegan moi frescas de produtores dos arredores de Ourense e de Verín tamén. E, por se hai dúbidas, primeiro vén a nabiza e, a partir de decembro ou xaneiro, o grelo
Os prezos están entre os dous e os tres euros cincuenta, dependendo do tamaño do mañuzo. Iso si, mellor acompañadas con algunha carne.