Contido con Xeográficas Galicia .

Contido con Xeográficas Galicia .

Galicia

A importancia de acompañar ás familias dos pequenos oncolóxicos tras o diagnóstico

15/02/2026 21:24

Este 15 de febreiro celébrase o día internacional do cancro infantil, que este ano pón o foco na importancia de fomentar a investigación para desenvolver terapias máis eficaces e menos agresivas

Asociacións como 'Bicos de Papel' celebraron a súa gala anual poñendo unha vez máis o foco na importancia de informar e acompañar ás familias destes pacientes


O impacto económico do entroido en Ourense

15/02/2026 21:24

A ocupación hoteleira está ao 100% coas últimas reservas feitas xa desde o Nadal

Moitos negocios viven a metade do ano do entroido


Verín e Viana do Bolo celebran o Domingo Gordo de Entroido

15/02/2026 20:40

No desfile de Verín non faltaron os grandes protagonistas: os Cigarróns

En Viana do Bolo os boteiros ábrenlle paso aos folións, chegados ata de Portugal

O Domingo Gordo coincide coa festa da androlla, celebración gastronómica que xunta unhas tres mil persoas

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  ENTROIDO

Comparsas e carrozas enchen de cor e fantasía e animan as rúas de Ourense

15/02/2026 20:33

A chuvia respetou o desfile e do outro lado das barreiras estivo un público entregado e disposto a deixarse sorprender


A empresa galega de ostras afectada polo brote en Hong Kong di que orixe está por determinar

15/02/2026 19:30

Mariscos Escacha di que hai polo menos outras tres posibles orixes implicadas na investigación, entre elas Corea do Sur, Francia e Irlanda

Engaden que aínda non recibiron os resultados oficiais das analíticas, polo que piden non chegar a conclusións prematuras

Hong Kong detén a venda de osras dunha empresa galega por intoxicación


Taboada festexa o caldo de ósos, unha receita tradicional da matanza

15/02/2026 19:24

O caldo de ósos é un prato tradicional do gusto dos amantes dos pratos de culler


Momento no que a Garda Civil trata de reducir ao home cun coitelo na praia urbana de Burela

Reducido un home na praia de Burela tras ameazar a varias persoas cun coitelo

15/02/2026 19:15

Os axentes da Garda Civil lograron reducir o home tras disparar varios tiros ao aire, porque se negaba a soltar o coitelo

O mozo previamente ameazara a varias persoas pola rúa cun coitelo que parecía de cociña

A Garda Civil transladou o home ata o Hospital da Mariña para unha valoración, xa que estaba pendente de ingreso na unidade de Psiquiatría


Imaxe de arquivo de Europa Press

Stellantis Vigo sinala que a conexión á alta tensión da súa planta é garantía de competitividade

15/02/2026 18:17

A empresa asegura que permitirá garantir unha subministración de enerxía "estable" e avanzar "con determinación" na descarbonización

O proxecto suporá un investimento de case 20 millóns de euros que serán financiados coa fórmula público-privada, marcando o horizonte do ano 2046

Stellantis consegue o acceso á rede eléctrica para desenvolver os seus proxectos en Vigo 


Un camión complica a circulación na A-6 tras envorcar preto do túnel de Neira

15/02/2026 17:46

O condutor do vehículo resultou ileso

Haberá que utilizar un guindastre de alta tonelaxe para retirar o vehículo


Marcial Mouzo despídese do "Pensando en ti"

15/02/2026 16:28

Deixa os micrófonos da Radio Galega despois de 41 anos

A audiencia agradeceulle a súa escoita, o acompañamento e a cura contra a soidade

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  XUBILACIÓN

Boteiros, folións e carrozas no Domingo Gordo de Viana

15/02/2026 16:12

Tres mil persoas xuntáronse na 54 edición da festa da androlla

O entroido de Viana do Bolo está considerado un dos máis antigos de Galicia


Orellas filloas ou rosquillas, as sobremesas que non poden faltar no entroido

15/02/2026 15:58

Hai moita variedade de doces tradicionais do entroido: rosquillas, orellas, filloas ou flores son os que máis se consomen

A filloa é unha das receitas máis tradicionais de Galicia e en Lestedo levan anos organizando unha festa en torno á filloa que foi declarada de interese turístico nacional


Besteiro reclama unha Galicia interior con servizos dignos e insta a retirar a lei local

15/02/2026 14:37

O líder dos socialistas galegos insistiu en que Galicia non pode permitirse avanzar as dúas velocidades


Catro anos do afundimento do Villa de Pitanxo

15/02/2026 14:32

As familias agardan pola data do xuízo oral que esclacerá o naufraxio

 A Audiencia Nacional propón xulgar o capitán do Villa de Pitanxo e dous directivos da armadora por 21 homicidios por imprudencia


Os cigarróns desfilaron este domingo ao mediodía polas rúas de Verín

Verín réndese ao látego do Cigarrón e ás cores e música das comparsas no desfile do Domingo Gordo

15/02/2026 14:23

​Ás doce da mañá, nas rúas da vila no centro da vila xa non cabía un alfinete

Durante o entroido a autoridade tena o Cigarrón

O entroido de Verín está declarado de Festa de Interese Turístico Nacional


As choivas regresaron a Galicia e irán gañando en intensidade cara á noite

15/02/2026 14:11

A pausa foi breve e o sol volveu agocharse para deixar paso a ceos grises e cubertos

O Plan Inungal mantén a vixilancia sobre o caudal de seis ríos, nas provincias da Coruña e Ourense
 


Imaxe de arquivo da operación realizada pola Garda Civil

Comeza en Vigo o xuízo contra 11 membros dunha rede de narcolanchas

15/02/2026 13:25

A presunta organización dedicábase á fabricación e transporte de narcolanchas que despois eran utilizadas en alixos en Andalucía

A Fiscalía pide para eles un total de 59 anos e 6 meses de prisión e 94,8 millóns de euros de multa

Etiquetas:  XUÍZO

EFE: Lavandeira jr./Salvador Sas

O tren de borrascas deixa ao descuberto o problema dos refugallos nas praias

15/02/2026 12:06

Varios colectivos organizaron accións de limpeza para recoller residuos nos areais

Insisten na importancia de reducir o lixo e cambiar o plástico por outros materiais


Os comerciantes de Ribeira amósanse impotentes ante a vaga de roubos

15/02/2026 11:07

Delincuentes habituais asaltan negocios a plena luz do día


Diego Calvo nun momento da entrevista

Diego Calvo: "É o momento de rescatar a AP-9 e está xustificado economicamente"

15/02/2026 09:30

O conselleiro de Presidencia critica que o Goberno se negue ao traspaso sen explicar as razóns

Reivindica a inclusión dos peiraos de Vigo e de Ferrol na Rede Transeuropea de Transportes como portos nodais

Lamenta que Lugo vaia ter unha estación intermodal á que non chegarán trens de alta velocidade


O oso de Sande esperta do seu letargo invernal

14/02/2026 21:27

Esta figura do entroido de Cartelle fixo correr a todo humano que atopou na carballeira das adegas de Mogos

 


Desfile de Entroido en Coruña, este sábado pola tarde

As rúas das cidades énchense de cor, música e baile cos desfiles de Entroido

14/02/2026 19:31

Na Coruña, incribíronse 25 comparsas e agrupacións para competir nas modalidades de vestiario, coreografías e carrozas. A cidade prepárase para o día grande, o martes da invasión choqueira na rúa da Torre

En Vigo, participan unha vintena de comparsas da cidade e tamén dos concellos próximos

Categorías:  Sociedade   Galicia   Vida
Etiquetas:  VIGO   A CORUÑA

Stellantis consegue o acceso á rede eléctrica para desenvolver os seus proxectos en Vigo

14/02/2026 19:15

O xigante da automoción gañou a conexión a 182 megavatios de potencia, necesarios para mellorar os seus procesos

Moeve, ACS, Mercedes ou Hydnum Steel, están tamén entre as adxudicatarias 


Madamas e Galáns animan o Entroido en Cobres

14/02/2026 18:58

Empezan catro días de festa que culminarán o martes, día grande do Entroido en Vilaboa, onde a tradición mantense desde hai tres séculos


Noa, tras caerlle un piñeiro enriba do coche: "Foi un milagre saír viva"

14/02/2026 17:43

A árbore de tres toneladas esmagou o vehículo da moza, de vinte anos, que só sufriu feridas leves

O accidente ocorreu o pasado mércores, 11 de febreiro, nunha estrada provincial de Caldas de Reis

 


45 días despois, cesou a chuvia e volveu saír o sol

14/02/2026 16:53

Tras nove borrascas seguidas neste 2026, só un día sen precipitacións e miles de incidencias por mal tempo, chega o sol a Galicia para dar unha tregua de apenas unhas horas

Etiquetas:  TEMPO   SOL

As rosas vermellas non fallan no Día dos Namorados

14/02/2026 15:20

As vendas das florerías aumentan un 300% pola celebración de San Valentín


Os folións animan o sábado de entroido en Chandrexa de Queixa

14/02/2026 15:01

O entroido espállase este sábado por toda a xeografía da provincia de Ourense

En Chandrexa de Queixa celebran o día grande cun desfile de folións e comida popular


Drons e intelixencia artificial para mellorar a xestión do ourizo de mar

14/02/2026 14:58

A especie gañou valor en pouco tempo pero precisa dunha boa xestión que evite a sobreexplotación

O dron permite analizar a densidade e o tamaño dos ourizos no fondo mariño


Unha protesta polo estado da N-540 en Lugo corta a estrada temporalmente en ambos os dous sentidos

14/02/2026 13:33

Veciños e empresarios cortaron durante media hora e en ambos os sentidos a Nacional-540

Falan de treitos intransitables na que é a principal vía de comunicación entre Lugo e Ourense. Aseguran que hai fochancas de máis dun metro de longo


En marzo bota a andar a escola de pastores de Galicia

14/02/2026 13:01

É unha iniciativa da asociación de criadores de fando ovino e caprino OVICA en que colabora a Xunta de Galicia

A formación teórica e práctica será de balde e terá certificación oficial

Os obxecivos da escola son dous: modernizar o oficio do pastoreo e combater o despoboamento do rural


O lugar do accidente

Falece un home ao caerlle enriba unha árbore que cortaba en Soutomaior

14/02/2026 12:32

A vítima, un veciño de Redondela de 56 anos, dirixía dende un guindastre a operación


Imaxe cedida polos Bombeiros da Costa da Morte

Sospeitan que o incendio dunha embarcación no porto de Camariñas puido ser provocado

14/02/2026 12:03

A embarcación, valorada en máis de 60.000 euros, quedou practicamente calcinada

A Garda Civil abriu unha investigación


O PPdeG reafirma o seu "compromiso" cos autónomos, fronte o que considera "obstáculos" do Goberno

14/02/2026 11:01

Nun encontro con emprendedores, os populares lembran que a Xunta destinará máis de 42 millóns de euros a apoiar os autónomos, a través de distintas liñas que se poden pedir deste esta semana

As iniciativas abranguen desde o inicio da actividade ata a súa consolidación e mantemento, e inclúen tamén medidas de conciliación e remuda 


Hong Kong detén a venda de ostras dunha empresa galega por intoxicación

14/02/2026 08:32

Tamén interrompeu a subministración doutras procesadoras locais e internacionais

As autoridades vinculan o consumo deste marisco con 37 casos de intoxicación

 

 

Etiquetas:  OSTRAS

Símbolo do pasado indiano de Fene, o antigo Cine Adriano busca quen lle dea continuidade

13/02/2026 21:36

"Sería para amañalo e face aquí un cine, un restaurante ou unha sala de concertos", apunta o seu dono

Categorías:  Sociedade   Galicia   Fene
Etiquetas:  CURIOSIDADES

Guíndanlle unha pedra de 6 quilos desde unha ponte ao coche mentres conducía

13/02/2026 21:28

Malia que o parabrisas quedou esnaquizado, o condutor saíu ileso


Artigos de confección e roupa de dentro dignos dun museo

13/02/2026 21:06

 Unha tenda de Lugo leva aberta desde hai 70 anos e conserva a esencia dun negocio tradicional no que os clientes xa son coñecidos

Etiquetas:  COMERCIO


As confrarías galegas rexeitan declarar a anguía como especie en perigo de extinción

13/02/2026 17:19

A Federación Galega de Confrarías de Pescadores galegos cualifican de "incomprensible a iniciativa do Goberno central porque suporía a fin deste "sector artesanal"

Categorías:  Economía   Mar   Galicia
Etiquetas:  PESCA   ANGUÍA
Publicidade
Publicidade