Detidas cinco persoas na Coruña cando tentaban roubar material cosmético valorado en 200.000 euros
O material recuperado pertencía a un laboratorio farmacéutico e a unha empresa de cosmética

A Policía Nacional detivo cinco persoas cando tentaban roubar nunha nave de alugueiro de rochos na Coruña e impediron o roubo de material cosmético valorado en 200.000 euros.
Segundo informou o corpo policial, os cinco autores accederon ao interior da nave. Alí, dirixíronse a catro dos rochos e conseguen abrir o cadeado para acceder á mercadoría almacenada.
Foi o propietario da nave o que alertou ao 091 ao observar ás persoas accedendo aos rochos mediante o sistema de vixilancia instalado na nave.
Ata o punto desprázanse varios axentes que observaron no interior unha furgoneta de gran capacidade que estaba chea de caixas con material cosmético que acababan de substraer.
Ademais, observaron a tres dos ladróns, polo que procederon á súa detención. Os outras dúas persoas foron interceptadas cando tentaban abandonar a nave a pé, pola saída de emerxencia.
Un dos detidos portaba catro ganzúas abrecandados e tiña estacionado outro vehículo de similares características nas inmediacións.
O material recuperado pertencía a un laboratorio farmacéutico e a unha empresa de cosmética, os cales valoraron a mercadoría en 200.000 euros.