Unha lancha afúndese no peirao de Ons, do parque nacional, sen causar feridos
Ante este accidente aplicouse o protocolo contra as verteduras

Unha embarcación pequena, de 5,4 metros con motor foraborda, afundiuse esta madrugada no peirao de Ons sen causar feridos, aínda que levou a aplicar o protocolo Camgal do Parque Nacional das Illas Atlánticas por posible vertedura.
Segundo informaron fontes do Parque, a lancha motora 'Faneca Brava' afundiuse ás 2:15 horas e á primeira hora desta mañá partiu desde Bueu o barco bateeiro 'Trimila' para ir a Ons a reflotar a embarcación.
Ademais, foron avisados os equipos emerxencias e o persoal do Parque Nacional, da Consellería de Medio Ambiente, que está a coordinar as actuacións na zona.
Ante este accidente aplicouse o protocolo contra as verteduras, como parte do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Camgal), que está concibido para afrontar fugas tóxicas que puidesen supoñer un desastre ambiental en zonas que forman parte do patrimonio natural de Galicia.