Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio de Chandrexa de Queixa

Controlado o incendio de Chandrexa de Queixa

Entre os dous arrasaron máis de 90 hectáreas

Extinguido o incendio forestal en Lousame, que afectou a 37 hectáreas

Outro incendio provocou alarma en Chandebrito (Nigrán), onde outro lume provocara a morte de dúas mulleres en 2017

G24.gal 05/07/2025 09:25

Tres incendios forestais afectaron nas últimas horas a Galicia. En Nigrán, na parroquia de Chandebrito, un lume forestal estivo preto das casas durante a pasada noite. Non houbo que facer desaloxos pero os veciños levaron un bo susto, sobre todo porque esa parroquia fora a zona cero da vaga de lumes de 2017, onde morreran dúas mulleres atrapadas polas lapas.

Outros dous lumes declaráronse nos concellos de Chandrexa de Queixa e Carballeda de Valderorras e entre os dous arrasaron unhas 90 hectáreas, segundo a información facilitada por Medio Rural. O de Chandrexa de Queixa quedou controlado na tarde deste sábado, logo de afectar 50 hectáreas.

Extinguido o de Lousame

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal da parroquia de Tállara, en Lousame (A Coruña), quedou extinguido este sábado.

O lume comezou ás 05.34 horas do mércores e quedou extinguido ás 12.06 desta xornada. O incendio afectou a unha superficie de 37 hectáreas -30 de monte raso e sete de arboledo.

Para a súa extinción, Medio Rural mobilizou dous técnicos, 27 axentes, 28 brigadas, 19 motobombas, unha pa, catro helicópteros e tres avións.

A Consellería lembrou que os cidadáns teñen á súa disposición o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún incendio forestal.

Ademais, existe un teléfono anónimo e gratis para denunciar calquera actividade incendiaria delituosa da que teñan coñecemento ou sospeita: 900 815 085.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar