Na rapa de Candaoso, en Viveiro, córtanlles as crinas a case trescentos cabalos
É un auténtico espectáculo no que os homes miden forzas coas bestas para tratar de desparasitalas
Desde ben cedo, xa había expectación para ver os cabalos. Comenta unha persoa entre o público que "como hoxe fai bo aproveitamos para vir ver os cabalos". Outra rapaza indica que "vimos pasar o día, ver como rapan os cabalos e as carreiras que hai despois"-
O primeiro é xuntar os cabalos no monte, onde pastan ceibos todo o ano, para baixalos para o curro. Lograron reunir preto de trescentos. Para unha moza "é incrible como baixan todos ás carreiras e os meten no curro, é algo máxico".
"Sempre hai algo distinto, pero eu levo vindo 51 anos aquí e mentres o corpo aguante imos seguir vindo", asegura outro espectador.
Xa no curro, as crías sepáranse para no mancalas cando comeza a rapa das crinas. Faise para favorecer o animal. Así o explica un dos membros da asociación que organiza a rapa das bestas, Javier Gil: "é moi importante e faise todos os anos para poder desparasitalos".
Homes e cabalos miden as súas forzas e demostran a súa destreza. Aseguran varios asistentes ao espectáculo que "botarse encima dos cabalos chégalle ben" e necesítase ter "moito peito porque non o faría calquera".
Un espectáculo recoñecido como festa de interese turístico galego que se celebra desde hai 54 anos.