Cargando resultados...
Mostrart, na Coruña: medio cento de artesáns poñen en valor os oficios e as materias primas locais
A artesanía supón un volume na economía galega duns 135 millóns de euros, o 0,23 % do PIB, segundo datos de AGA
Case medio cento de artesáns
G24.gal
21/08/2025 14:46
Última actualización 21/08/2025 14:57
Teñen un oficio ligado á natureza, ás materias primas locais e ao mundo rural. Son 800 en Galicia, da Asociación Galega de Artesáns, que amosa parte do seu traballo nos xardíns de Méndez Núñez.
Desde alí, reivindican o papel e o futuro dos oficios tradicionais, que supoñen un volume na economía galega duns 135 millóns de euros.
Este xoves abriron as persianas en pleno centro urbano da Coruña para transparentar os vellos oficios ligados á tradición é na natureza.
Son case medio cento de artesáns, de aquí ou invitados pola asociación galega. Reivindican que a economía é tamén xeografía humana e territorio.