Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alfaroleiros consolídase como referente nacional para o sector da cerámica

Alfaroleiros consolídase como referente nacional para o sector da cerámica

Un total de 26 artesáns mostran os seus produtos no parque de Santa Cruz, en Oleiros

G24.gal 07/08/2025 15:09

Son pezas artesanais que unen funcionalidade e tradición. 

"Teño pezas tradicionais de cociña e tamén pezas máis modernas, máis decorativas".

En Alfaroleiros podemos atopar expositores que chegan de calquera punto de España. É o caso deste ceramista de Alba de Tormes, en Salamanca. A súa técnica da Filigrana está a piques de ser declarada ben de interese cultural.

"Somos os únicos que quedamos en Alba de Tormes facendo filigrama. É un recoñecemento ás xeracións anteriores que nos permitiron chegar ata aquí", explica o ceramista, Tomas Pérez.

E que Alfaroleiros consolidase ano tras ano como un referente nacional. De feito está recoñecida co Premio Nacional de Cerámica.

"Para os profesionais Alfaroleiros está no 'top ten' das feiras de cerámica", asegura un profesional.

A cita busca preservar a tradición. Pero tamén ten a súa parte comercial. É un escaparate que permite aos artesáns vender os seus produtos e establecer redes con outros profesionais do sector. Tamén é un atractivo turístico mais para os visitantes neste mes de agosto.

A programación da feira completase con espazos gastronómicos, talleres de artesanía e concertos. A feira estará aberta ata o próximo domingo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade