Celanova recupera a celebración do Folión Castrexo
Preto de 30 clans participación na recreación do pacto de hospitalidade asinado polos coalerni e os romanos no ano 132
Os tambores dos castrexos resoan en Celanova, pero non chaman á guerra, celebran a sinatura dun pacto de non belixerancia entre romanos e coelernos. Foi a comezos dos anos 70, durante as escavacións en Castromao, cando se atopou unha táboa que recollía este acordo asinado no ano 132 despois de Cristo. O Folión Castrexo naceu para conmemorar esta historia e pór en valor un asentamento castrexo recoñecido como Ben de Interese Cultural. Deixou de celebrarse hai 15 anos e agora retomouse grazas a iniciativa dun grupo de veciños.
A xornada comezou coa congregación de clans, preto de 30, na praza de Cervantes. Alí recreouse a sinatura do pacto, tras a intervención do druída. A festa trasladouse despois a carballeira situada preto do Castromao onde tivo lugar un xantar popular e unha competición de xogos castrexos.