Publicador de contidos

Publicador de contidos

Amantes dos trens xúntanse en Galicia para protexer o patrimonio ferroviario

Amantes dos trens xúntanse en Galicia para protexer o patrimonio ferroviario

Un tren dos anos oitenta chegou ao Museo do Ferrocarril de Galicia, con viaxeiros que gozaron dunha viaxe plácida e cómoda

Asinouse un convenio coa Federación de Asociacións de Amigos do Ferrocarril de España para divulgar a importancia do legado ferroviario

G24.gal 05/07/2025 14:50

Hai corenta anos eran o tren máis punteiro que visitaba Galicia. Hoxe ten a consideración de histórico. Manifesta o presidente da Federación Española de Amigos do Ferrocarril, Juan Francisco de la Rubia, que "coa modernidade e a entrada da alta velocidade todo este material queda obsoleto"

O tren dos anos oitenta visita o Museo do Ferrocarril de Galicia  para subscribir un convenio de irmandade coa Federación de Asociacións de toda España. Así o explica o director da entidade con sede en Monforte, Luis Blanco, que refire que "queremos defender a historia, o patrimonio do ferrocarril, e o Museo do Ferrocarril de Galicia mostra ese mundo".

Outra forma de gozar da viaxe, sen présas e con comodidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade