Detido un prófugo da xustiza que transportaba dez quilos de haxix en Marín
O home foi detido mentres portaba varios paquetes de un quilo de haxix
Xa tiña unha orde de entrada en prisión en vigor por un delito de violencia de xénero

A Policía Nacional detivo un prófugo da xustiza en Marín. O home foi sorprendido mentres portaba unha caixa con 10 paquetes dun quilo de haxix cada un. O home levaba meses cunha orde xudicial de ingreso en prisión activa por violencia de xénero.
Segundo a policía, o arresto ocorreu na madrugada do sábado, cando os axentes de Marín viron chegar o individuo ao seu domicilio mentres estes o vixiaban. Chegou nun vehículo acompañado dun condutor que o esperou fóra.
Aos poucos minutos, o individuo saíu do domicilio cunha caixa, momento no que os axentes interceptaron o vehículo e identificaron o home.
Unha vez identificado e detido, confirmando que era un prófugo da xustiza, os axentes comprobaron que no interior da caixa había dez quilos de haxix en total.
Por todo iso, os axentes detivérono por un delito de tráfico de drogas, sumado á condena que xa tiña pendente por violencia de xénero.
O detido foi trasladado á comisaría da Policía Nacional de Marín, onde se tramitaron as dilixencias por delito de tráfico de drogas e as requisitorias xudiciais en vigor: un ingreso en prisión e dúas detencións e comparecencias.
O home foi posto ao dispor do Xulgado de Garda de Marín na mañá do sábado. Logo, foi trasladado ao centro penal da Lama, onde cumprirá a sentenza que tiña pendente.