Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido por roubar un coche en Lugo para conducilo sen carné, ebrio e drogado

Detido por roubar un coche en Lugo para conducilo sen carné, ebrio e drogado

O autor, de 24 anos e veciño da cidade, foi interceptado pola policía cando tratou de fuxir a pé

Os axentes confirmaron que se trata dun delito de condución temeraria con agravantes

Arquivo Arquivo
G24.gal 05/08/2025 11:31

A Policía Local de Lugo detivo un veciño de 24 anos por conducir de maneira temeraria, sen permiso, baixo os efectos do alcol e as drogas un vehículo roubado.

Os feitos sucederon na madrugada do pasado 2 de agosto, cando os axentes realizaron unha intervención catalogada como moi relevante para a seguridade viaria coma para prever condutas delituosas.

A actuación rematou cun home detido por presuntamente roubar un coche, circular en dirección prohibida, tentativa de fuxir da policía a pé e por positivo en alcol e drogas. Todo isto sen ter permiso de conducir en vigor.

Ás 3:50 horas, axentes do Grupo Nocturno da Policía Local de Lugo pediron apoio urxente ao ver un turismo a gran velocidade en sentido contrario pola rúa Antonio Rosón.

O condutor continuou a pesar das luces dos axentes ata a praza de Augas Férreas, onde abandonou o coche e tentou fuxir a pé. Finalmente foi interceptado na confluencia da rolda Xosé Castiñeira coa avenida de Madrid.

Alí, os axentes detivérono pola súa actitude alterada e desobediente, mostrando unha resistencia activa cara aos policías.

Xa identificado, o individuo resultou ser un veciño de 24 anos de Lugo. Os axentes tamén comprobaron que carecía de permiso de condución en vigor.

Tamén se lle instruíron dilixencias por un presunto delito de resistencia e desobediencia contra os axentes.

Segundo as investigacións, o coche foi roubado momentos antes do suceso cando a súa dona o estacionou cerca da praza de Augas Férreas.

Foi aí cando, ao abandonar esta o coche cas chaves postas por un instante, o detido accedeu ao interior e fuxiu no coche. Os axentes definen este modus operandi como característico de furtos rápidos e oportunistas.

Na Xefatura Policial o detido foi sometido ás probas legalmente establecidas, dando positivos de 0,64 e 0,62  miligramos de alcol por litro de aire expirado e tamén positivo indiciario en cocaína, cánnabis e anfetaminas, confirmando que se trataba dun caso de condución temeraria con múltiples agravantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade