Publicador de contidos

Publicador de contidos

Leiro celebra a súa festa da vendima enriba das carruaxes

Leiro celebra a súa festa da vendima enriba das carruaxes

A participación veciñal é fundamental para manter esta festa

Recordan a vendima de tempos pasados e tamén os lumes destas semanas que chegaron ata as súas vides

G24.gal 31/08/2025 16:52


Dende as carrozas de Leiro os traballos do viño vense sempre doutro xeito.

Esta festa é o día grande. Dá moito traballo facela pero é especial, gozas dela coa xente da vila".

"Isto é bárbaro, unha festa inmellorable, moita participacion. Tomamos dous 'chupitos' de licor e cantamos e bailamos".                                        

Foi aló por 1963 que o concello de Leiro decidiu celebrar por vez primeira esta festa, e dende aquela, con algunha interrupción, aquí cada último domingo de agosto, o viño e a vendima son os protagonistas.

"Con isto de que a xente bebe pouco viño e cos aranceis non vendemos, entón ímolo embotellar".

"Isto é moi bonito e pásase moi ben. Nas vendimas antes era unha marabilla, agora non tanto".       

Grandes e pequenos poñen o mellor de si, para que a festa sexa a de todos. Os máis cativos proban o mosto, os maiores o viño, e tampouco faltan xamón e chourizo para ir pasando o día. 

"É moi divertida. Levamos despensa, bebida, a tarabela... "     

Teñen concurso de carrozas e acios, mostra de viños e ata un concerto das corais da vendima. Hai nestas carrozas moita historia, pero tamén actualidade.

"Houbo viñas que se queimaron aí en Beade e en Leiro. Nós estivemos nesas viñas e estivemos collendo a borralla. 

A festa da vendima de Leiro, declarada de Interese turístico de Galicia, segue collendo pulo ano tras ano. Unha aposta pola súa historia e pola tradición, para a que semella que hai canteira.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade