Publicador de contidos

Publicador de contidos

A ruta Queztal fai meta no Obradoiro

A ruta Queztal fai meta no Obradoiro

 Os 200 membros da expedición percorreron treitos de distintos camiños a Santiago en réxime de campaña

G24.gal 09/07/2025 14:31

A expedición da Ruta Quetzal 2025 acaba de chegar a destino. A mediodía culminaban na praza do Obradoiro unha aventura de 13 días que transcorreu por diversas rutas xacobeas.

Foi unha experiencia en que 200 mozos e mozas aprenderon outro xeito de achegarse á natureza, á cultura e aos demais. Teñen 16 anos, son douscentos e foron seleccionados entre os mellores expedientes de todas as comunidades, con puntos extra por habilidades en idiomas, música e deportes. 

"Para Turismo de Galicia é moi importante apoiar estas iniciativas porque supoñen unha inmersión da xente máis nova no fenómeno xacobeo", declarou Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia.

Este ano pasaron por treitos do Camiño Portugués da Costa, do do Norte e da Ruta da Prata. Cunha experiencia que garda a filosofía das expedicións, ben coñecidas polos mozos do 80, de Miguel de la Quadra.

"Fan rutas esixentes, réxime de campaña, esquécense durante doce días das comodidades que teñen na casa. Están lonxe do móbil, sen auga quente, sen cama, e aprenden que se pode vivir sen empacharse de benestar", subliñou Íñigo de la Quadra, o Director da Ruta Quetzal.

A mágoa agora, din, é volver á casa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade