Publicador de contidos

Publicador de contidos

Novo contedor de téxtiles para os albergues de peregrinos

Novo contedor de téxtiles para os albergues de peregrinos

Sabas, roupa e o calzado inservible dos peregrinos tamén vai ter unha segunda vida a través da reciclaxe

Disporán do contedor tres albergues do final do Camiño
G24.gal 10/03/2026 14:51

Cada ano os albegues da rede pública botan ao lixo ao redor de 300.000 sabas, que son as que utilizan os peregrinos en cada pernoctación, pero non son os únicos residuos téxtiles que se desbotan.

 "Camisetas sobre todo moitas porque ao final é unha peza barata e tamén calzado", apunta Héctor Mayo, xerente de Samaín

Moitos destes residuos acababan no contedor marrón.

"Dentro da fracción resto entre un 7 e un 10% é téxtil e zapatos", explica María José Echevarría, directora xeral de Calidade Ambiental e Sostebilidade

É por iso que dende a Xunta puxeron a andar un programa piloto para darlles unha segunda vida a todos estes téxtiles. Tres albegues do final do Camiño van ter o seu propio contedor unicamente de recollida de téxtil para reciclaxe .

 "De xeito que poidan volver ter unha nova vida esas pezas que ao final do Camiño pois xa non son útiles", conta Xosé Merelles, director de Turismo de Galicia

O maior volume de residuos serán sabas das que non se poden obter fiaduras porque son de propileno, pero pódense conseguir outros usos."

"Podemos facer merchandising, temas decorativos, podemos facer mobiliario urbano con este tecido, podemos vaia buscar distintas solucións para evidentemente non acabe no verterdoiro, que é o principal obxectivo deste proxecto", explica Juan Meijide, director de Insertega

Que non acaben no lixo e que o Camiño siga sendo o produto turístico máis sostible do mundo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade