Publicador de contidos

Publicador de contidos

A policía desaloxa dúas persoas do interior do barco que adorna a entrada á Coruña

A policía desaloxa dúas persoas do interior do barco que adorna a entrada á Coruña

Os axentes comprobaron que levaban roupa e útiles que reforzan a sospeita de que intentaban quedar no barco

G24.gal 10/06/2026 14:19

Foron os veciños os que alertaron os axentes. Dúas persoas intentaban acceder ao emblemático barco de Alfonso Molina. De inmediato se estableceu un dispostivo de vixilancia a través das cámaras de tráfico. Pouco despois chegaban á zona varias patrullas da Policía Local.

"Vale calquera sitio que estea cuberto para durmir", di unha veciña de Matogrande.

Os axentes comprobaron que levaban con eles roupa e útiles, o que reforza a sospeita de que intentaban ocupar o barco.

"Non creo que haxa moito sitio nese barco para vivir aí", asegura unha veciña. "Hai aí un edificio abandonado no que entra xente para desvalixar. Ao mellor é a mesma xente",  pensa outra.

Este novo capítulo súmase á longa historia do barco que adorna a entrada á cidade. "Leva aquí desde que vin vivir a Matogrande. Trinta e tantos anos", calcula un residente no barrio.

O barco actual é o terceiro que se coloca nesta zona. Leva por nome Atalaia e subsstitúe o Pepe Gálán e o Corpiño de Muxía, que chegaron a sufrir o impacto de varios vehículos.

"Aí houbo accidentes. É a entrada desde Alfonso Molina é préstase aos accidentes", lembra un veciño.

Os veciños denuncian agora o estado de deterioración no que se encontra despois de dez anos neste emprazamento.

"Leva así unha temporadiña. Non pintan nin nada. Tiñan que preocuparse un pouco sobre todo agora que veñen os turistas".

Agora agardan que, tras as obras de ampliación de Alfonso Molina, poida recuperar o esplendor doutro tempo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade