Publicador de contidos

Publicador de contidos

Multas de ata 600 euros en Sanxenxo por deixar a bolsa do lixo fóra do colector

Multas de ata 600 euros en Sanxenxo por deixar a bolsa do lixo fóra do colector

A policía revisará as bolsas para atopar os infractores

G24.gal 09/07/2025 15:56

En Sanxenxo, buscan os que deixen as bolsas do lixo fóra dos colectores. Parece que empezan a detectar esas condutas incívicas agora que a poboación se multiplica na vila, e queren cortalas de raíz.

Os operarios da recollida de lixo e a Policía Local revisarán as bolsas que infrinxan, para intentar dar con algo que identifique a quen as guindou, e multalo.

Hai quen, por non dar ese paseo ata o colector do lixo, o deixa tirado onde lle cadra. 

É tempada alta na vila e, a máis xente, máis problemas, que no Concello están decididos a atallar.

E como pensan facelo? Pois buscando no lixo probas que conduzan aos infractores.

A sanción pode ir dos 90 os 600 euros.

Lembran que hai máis de 2.000 contedores repartidos pola vila para depositar o lixo onde e como é debido, aínda que só sexa por evitar as multas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade