Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os termómetros superan os trinta graos en varios concellos das provincias de Pontevedra e Ourense

Os termómetros superan os trinta graos en varios concellos das provincias de Pontevedra e Ourense

En Ourense poderíase chegar o martes aos 39 graos e en Vigo aos 33

G24.gal 15/06/2025 21:18

Neste último domingo da primavera o protagonista en Galicia está sendo o sol e a calor. As temperaturas roldaron xa os trinta graos nagúns puntos de Ourense e tamén nas Rías Baixas. E iso notouse nas rúas e nas praias.

Este tempo completamente estival alongarase case toda a semana que vén. A calor será intensa en xeral en Galicia pero especialmente en Ourense, que podería chegar o martes aos 39 graos ou en Vigo aos 33. Unha masa de aire quente africano é a responsable desta calor intensa. Hoxe, a seis días dun verán que comezará oficialmente o sábado 21 ás 4:42 minutos, en lugares coma este no que estamos, Leiro, o termómetro púxose nos 33ºC.

Concretamente 33,1 graos centígrados, unha temperatura que no interior, por exemplo, aquí na comarca do Ribeiro, só se soportaba a carón do río. Máis levadío foi nas Rías Baixas con máximas de 29 graos. O areal urbano de Vigo por excelencia encheuse de bañistas e paseantes que xa botaban en falta un domingo de praia con sol e ceo azul e sen nubes á vista.    

Leiro, e isto xa é un clásico entre os clásicos, volveu marcar a temperatura máis alta en toda Galicia. Concretamente 33,1 graos centígrados. Pero aquí na comarca do Ribeiro xa están acostumados. Todo é máis doado se se busca a sombra do sol e a friaxe da auga do río. Ademais, moitos teñen xa o corpo de verán. 

Pois en Samil, a seis días de que dea comezo o verán, moitos si se bañaron. Os 29 graos de Vigo encheron o areal. Coma en Ourense, aquí nas Rías Baixas hai fartura de inverno e moitas ganas de sol e de calor. 

E ata o mércores seguirán subindo as temperaturas en toda Galicia debido a unha masa de aire quente africano.   

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade