Publicador de contidos

Publicador de contidos

Julio Iglesias pasará parte do verán en Piñor

Julio Iglesias pasará parte do verán en Piñor

Os veciños, encantados con ter "un artista dese nivel vivindo entre nós"

O artista anuncia que se instalará coa familia na súa nova casa de Piñor

G24.gal 12/06/2025 15:05

Julio Iglesias sempre exerceu de galego, e que o fillo dun veciño da Peroxa merque unha casa a pouco máis dun cuarto de hora en coche non debería estrañar a ninguén. Pero se o comprador é un cantante universal que leva vendidos máis de 300 millóns de discos, o alcalde de Piñor, con pouco máis de mil veciños, é o primeiro sorprendido. El sóuboo por Manuel Cabezas, exalcalde ourensán a quen Julio Iglesias lle mercou a propiedade.

"Cando mo dixo case non o cría. Pero aseguroume que era verdade, e alegreime moito de que Julio Iglesias mercase casa aquí", contou o rexedor, José Luis González.

O artista confirmaba estes días nunha entrevista que pasará parte do verán na súa nova casa ourensá. Os veciños amósanse encantados.

"Estamos emocionados polo feito de que un artista dese nivel se instale entre nós", conta unha muller.

"Que dúbida cabe que isto é bo para a zona e para Piñor", razoa outra. 

 "Estamos desexando velo e dicirlle que estamos encantados de telo como veciño".

Claro que sempre hai alguén que prefire disimular o seu entusiasmo: "É un home coma outro..., pero ten o seu estilo", dicía outra veciña.

Un estilo moitas veces imitado, pero irrepetible. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade