Publicador de contidos

Publicador de contidos

Arde a planta alta dunha casa en Cangas cando o inquilino estaba ausente

Arde a planta alta dunha casa en Cangas cando o inquilino estaba ausente

O inquilino asegura que cando marchou da casa deixou todo apagado

O interior da vivenda quedou practicamente calcinado
 

A cociña, o dormitorio e un baño quedaron totalmente calcinados
G24.gal 13/06/2025 14:46

A vivenda incendiada está situada en Cangas, na baixada á praia de Areamillo. A pegada do lume é perfectamente visible dende o exterior da casa. O peor, o interior que quedou practicamente calcinado. As primeiras indagacións apuntan cara á cambota como a orixe do incendio. Foi o propio inquilino quen ao chegar á casa, despois de ausentarse un tempo, alertou o 112.

 "Recibimos unha chamada do 112 alertando que había un fogo nunha vivenda unifamiliar que saía bastante fume polas ventás. Desprazámonos un vehículo de primeira intervención e á chegada pois nos atopamos lume saíndo polas ventás. Accedemos cos equipos de respiración. O incendio propagouse por toda a vivenda pero o máis afectado foi a cociña, o dormitorio e un baño, e unha terraza que había alí un periquito que faleceu", explica Rubén Sío, xefe de quenda do Parque de Bombeiros Provincial do Morrazo.

A columna de fume era visible a moita distancia.

"Si claro, nós ao principio pensabamos que era a típica fogueira, pero logo xa nos decatamos que viña da vivenda, dentro e si que era visible, si", conta unha veciña.

Os bombeiros tardaron tempo en arrefríar a vivenda dada a carga térmica que había.

 "Si ao redor de dúas horas ou así, despois quedamos ventilando a vivenda para puideran entrar os inquilinos para recoller as súas cousas", continúa o bombeiro.

A que ardeu foi a parte alta da vivenda que está alugada. Na baixa vive a propietaria, unha muller de 90 anos que aínda hoxe non ten luz e que segundo nos contaron varios achegados está moi afectada polo sucedido. Un enfrontamento entre o inquilino e a propietaria obrigou os bombeiros a chamar mesmo a policía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade