Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un home no incendio dunha vivenda en Betanzos

Falece un home no incendio dunha vivenda en Betanzos

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Betanzos e a Garda Civil

G24.gal 12/12/2025 08:01 Última actualización 12/12/2025 09:10

Un home de avanzada idade faleceu no incendio dunha vivenda rexistrado no número 41 da rúa Cruz Verde de Betanzos. O 112 recibiu a alerta sobre as 05:50 horas deste venres tras ser alertada a Policía Local por un home que pedía axuda.

O lume produciuse no terceiro andar e puido iniciarse por unha estufa no cuarto onde durmía o falecido. 

Ata o lugar acudiron os Bombeiros de Betanzos, a Policía Local, Protección Civil e a Garda Civil. Pouco antes das 8:00 horas chegaba ata a vivenda a forense.

Despois de que acudiran os servizos de emerxencia, estes indicaron que un home falecera, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida. Por outra banda, os bombeiros, logo de sufocar o incendio, indicaron que este puido orixinarse nunha estufa. Ademais, o lume chegou a afectar a un colchón e a unha mesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade