Publicador de contidos

Publicador de contidos

Extinguido o incendio que afectou a unha nave industrial no Barco de Valdeorras

Extinguido o incendio que afectou a unha nave industrial no Barco de Valdeorras

O incendio obrigou a activar un amplo operativo para extinguir as lapas nun almacén industrial dunha empresa dedicada á metalurxia

Na extinción participaron os Bombeiros e o GES de Valdeorras, a Garda Civil, a Policía Local e os voluntarios de Protección Civil do Barco

A empresa afectada pollo lume dedícase ao sector da metalurxia e stá asituada na avenida de Galicia, no Barco.
G24.gal 11/12/2025 10:35


Os bombeiros deron por rematada a extinción pasadas as sete da tarde. A nave estaba divivida en tres, véndose afectada a parte central, onde se almacenaba po de titanio. Trátase dunha empresa dedicada ao sector metalúrxico. Os servizos de emerxencias, entre eles os bombeiros do GES e Protección Civil do Barco, estiveron traballando desde primeira hora da tarde desde que se declarou o incendio. Foi a Policía Local quen alertou ao 112 minutos despois das 15:30 horas, indicando que un intenso fume saía polas ventás superiores das instalacións, situadas na avenida de Galicia, no Barco. Pouco despois, os medios despregados informaron de que o teito das instalacións colapsara. Pero non houbo danos persais

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade