Cando a trampa é a norma
As Vegas acolle os Enhanced Games, a competición deportiva en que se tolera a dopaxe
Argumentan que o obxectivo é buscar os límites do rendemento humano
O grego Kristian Gkolomeev. Participou en catro xogos ollímpicos pero nunca subiu ao podio. Este luns bateu o récord do mundo dos 50 metros libres pero nunca será homologado. Fíxoo dopado e cun traxe de poliuretano prohibido desde 2010.
Nunha competición oficial, Gkolomeev sería hoxe un apestado. Nas Vegas, esa cidade onde a extravagancia é norma, a súa fazaña reportoulle un millón de dólares.
Chámanlles os Xogos Mellorados, unha competición en que non rexen as normas antidopaxe, un espectáculo onde a trampa se disfraza con escusas científicas, como xustificaba un dos seus organizadores, e onde algúns atletas se ven como pioneiros do que algún dia deixará de ser tabú.
Os organizadores da proba explican que ningunha das drogas usadas polos atletas son ilegais fóra das pistas. Admiten, iso si, que en exceso, poden chegar a ser daniñas, e que por iso manteñen as doses en segredo.
Na proba dos cen metros lisos non houbo récord: Usain Bolt segue sendo medio segundo máis rápido que un corredor dopado que, ironías, quéixabase ao remate das malas artes dos seus rivais.