Publicador de contidos

Publicador de contidos

A picaresca fai que copiar nos exames sexa algo moi vello que trascende xeracións

A picaresca fai que copiar nos exames sexa algo moi vello que trascende xeracións

Copiar é algo de vello, pero cales eran os trucos máis frecuentes? A chuleta no bolígrafo de cristal, debaixo do dobladillo da saia ou simplemente en papel en miniatura

O profesorado poderá inspeccionar lentes, calculadoras, bolígrafos ou outros elementos nos exames da PAU en Galicia

G24.gal 26/05/2026 21:24

Case 14.000 estudantes enfrontaranse nuns días ás probas da PAU en Galicia. Este luns soubemos que o profesorado poderá inspeccionar lentes, calculadoras, bolígrafos e outros elementos para evitar que a xente poida copiar nos exames. Así o deu a coñecer a Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) nun anexo ao protocolo da PAU, que se celebrará entre o 2 e o 4 de xuño.

Establece que o profesorado das comisións delegadas poderá inspeccionar lentes, calculadoras, bolígrafos ou outros elementos e lembran que o uso de dispositivos non permitidos implica a expulsión da PAU, o mesmo que ter calquera dispositivo electrónico dentro da aula.

Preto de 13.500 estudantes terán que pasar esta proba de acceso á universidade, e polo que vimos na rúa, a maioría pensa que copiar neste exame é un risco que pode saír demasiado caro.  

A picaresca fan que copiar nos exames sexa algo moi vello. Pero as consecuencias para o alumno que collan coas mans na allada na PAU son tan contundentes que é para pensalo dúas veces, como nos contan os rapaces que terán que pasar a proba a vindeira semana.

A situación mudou moito coa avance da Intelixencia Artificial porque os que pasaron a PAU hai 3 ou 4 anos falan doutros escenarios distintos, tanto para o alumno coma para o profesorado.

E se imos varias xeracións atrás, cales eran os trucos máis frecuentes? A chuleta no bolígrafo de cristal, debaixo do dobladillo da saia ou simplemente en papel en miniatura. 

A tecnoloxía pon a ferramenta... calculadoras, audífonos, reloxos e outros dispositivos electrónicos con capacidade para o almacenamento e transmisión de voz e datos. Pero as consecuencias poden saír moi caras e a conciencia de pasar un ano en branco, coma mínimo, son para non tentar á sorte.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade