Publicador de contidos

Publicador de contidos

As taxas de Aena frean a Ryanair a recuperar presenza en Santiago

As taxas de Aena frean a Ryanair a recuperar presenza en Santiago

No caso de que as rebaixase, a compañía di que podería traballar en "recuperar pouco a pouco esa conectividade perdida"

Europa Press
G24.gal 26/05/2026 21:13

Ryanair liga o seu futuro en Santiago á rebaixa das taxas aeroportuarias. O aeroporto da capital galega reabre este xoves, pero a compañía irlandesa só recuperará frecuencias se o plan de Aena non segue adiante.

Alejandra Ruiz, directora de comunicación e voceira de Ryanair en España, explicaba nunha entrevista na Radio Galega que, nese caso, a compañía podería traballar en "recuperar pouco a pouco esa conectividade perdida".

A aeroliña en Galicia abandonou o aeroporto de Vigo e en Santiago reduciu nun 79% a súa capacidade.

Ryanair confirmara en abril que suprimirá este verán 1,2 millóns de prazas en aeroportos rexionais en España, tal como anunciara o pasado outono por mor das "elevadas" taxas aeroportuarias, co que elevará o recorte iniciado hai 18 meses no país ata un total de 3 millóns asentos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade